Sabemos o importante que é que sepas cando che vai chegar o pedido de Ceibe.
Como ben sabes, en Ceibe traballamos baixo demanda. Isto supón moitas cousas boas:
Exclusividade garantida. Cada prenda é feita exclusivamente para ti.
Sostibilidade galega. Producimos só o necesario, apoiando o consumo responsable e evitando stock innecesario.
Flexibilidade de cores e tallas. Ao traballar baixo pedido, podemos ofrecerche máis opcións dispoñibles, sen límite polo que haxa en almacén.
Valor engadido. Recibirás unha prenda que non leva tempo gardada nunha caixa, senón bordada e revisada xusto antes de chegar ás túas máns.
Conexión coa marca. Cada prenda bordada baixo demanda reforza que formas parte dun proxecto pequeno, galego e auténtico, onde cada cliente conta.
Como funcionarán a partir de agora os pedidos baixo demanda?
Os pedidos que leven bordado van funcionar coma se fose un drop, é dicir, haberá un periodo donde a compra estará habilitada. Unha vez pasado o prazo para mercar, pecharemos a compra e enviaremos todo a producir e logo enviaremos todos os pedidos á vez.
Todas as datas estarán publicadas sempre na páxina de INICIO de Ceibe.
Un exemplo:
Abrimos o prazo para mercar prendas bordadas do 8 ó 21 de setembro. Unha vez pasado ese prazo xa non se poderán reservar máis e mandaremos todo a fábrica e o día 1 de outubro sairán todos os pedidos cara as direccións correspondentes.
Deste xeito transformamos a pequena espera nunha experiencia compartida, como se fose un drop limitado.
Cando vou recibir a miña prenda bordada se a pido neste mes de setembro?
Para setembro abrimos as reservas o día 2 ás 21h e terás ata o 14 de setembro para facer o teu pedido.
Dende o 22 de setembro ate o 30 de setembro enviaremos todas as prendas que foron reservadas.
Que pasa se pasou o prazo o non foi enviada?
Se pasado o 30 de setembro o teu envío non foi enviado, poderás ábrense dúas vías:
Enviar o pedido e reclamar o teu cupón cunha cuantía do 50% do valor total do pedido.
Non aceptar o envío do pedido e reclamar o teu cupón cunha cuantía do 65% do valor total do pedido.
Para máis info contáctanos a través do Instagram ou no mail ceibe@somosceibe.es.