Somos Ceibe

En Ceibe nacemos cunha idea clara: crear unha marca de roupa urbana galega que leve con orgullo a nosa identidade e cultura alén das modas pasaxeiras. Non buscamos ser unha marca máis, senón un proxecto feito con xeito, onde cada detalle conta e cada peza transmite quen somos.

Por que naceu Ceibe?

Ceibe xorde da necesidade de darlle voz á nosa terra a través da roupa. Queremos demostrar que desde Galicia tamén se pode facer moda de calidade, con estilo propio e co respecto pola tradición e a modernidade ao mesmo tempo.

Os nosos valores

  • Calidade e detalle: cada prenda está pensada para durar e para acompañarte no día a día.

  • Identidade galega: Ceibe é Galicia; é lingua, é paisaxe, é cultura.

  • Autenticidade: non seguimos camiños marcados, creamos os nosos.

  • Proximidade: detrás de cada pedido hai persoas que cren no proxecto e que coidan de cada cliente coma parte da familia.