
SUADOIRO OG JRIS
€40.00
Non fai falla un bordado para deixar pegada.
O Suadoiro OG – Orixinal Galego fala soa: un deseño limpo, con personalidade, cun estampado grande nas costas que representa o orgullo de ser de aquí.
Inspirada na cultura urbana galega, é unha peza que combina comodidade, estilo e identidade.
Feita con tecido de felpa perchada de 280 g/m², ofrece unha textura suave por dentro e resistencia por fóra. Perfecta tanto para o día a día como para esas noites frías na costa ou na cidade.
Porque “Orixinal Galego” non é só unha frase:
é unha forma de vivir, de vestir e de sentir Galicia.
Detalles:
Estampado grande nas costas co deseño “Orixinal Galego”
Corte unisex con acabado urbano
Interior suave de felpa perchada
Material: 50 % algodón / 50 % poliéster – 280 g/m²
Estampada na miña casa