CAMISOLA AMARELA

€19.90

Xa sexa primaveira, verán ou cando estás á caloriña da cocina de leña no inverno; levándoa soa, cunha sobrecamisa, cunha cazadora ou cunha americana ; para ir dar unha volta cos amigos, para ir de cita coa túa parella ou esa persoa coa que estás quedando; indo máis de casual ou un chisco máis formal… Como podes ver, toda ocasión é ideal para levar unha camiseta de Ceibe.

Entón, que máis tes que pensar ?

Veña, un motivo máis, a composición é 100% algodón das que son boas de carallo (180gr) e ten o logo bordado para que a poidas meter sen medo a lavar cando túa nai non está. Non sei que máis queres que che diga… Únicamente dicirche que as temos en varias cores que che deixo máis abaixo.

Escolle a que pega máis co teu outfit de hoxe e xa verás como non fallas !

Estamos comprometidos co noso entorno. Por iso, a mellor forma de ser sostibles é evitar acumulacións innecesarias de stocks dos nosos produtos.

Comprometémonos en que, se non temos o produto final rematado, nun prazo de 10 días laborables teralo na casa!