A prensa faise eco de Ceibe!

Fai unhas semanas, contactáronos a través do noso correo a prensa galega.

Nese mail dicían que estaban facendo unha reportaxe sobre a moda urbana e que lles parecía interesante o noso proxecto.

Claramente tiña a nosa atención ó 100%. Deseguido lanzounos unha pregunta que era imposible rechazar. Esa pregunta é a que estás a pensar. Sí, esa mesma.

Obviamente xa podes entender cal foi a nosa resposta.

Estamos moi contentos e agradecemos a Rafael que non poidese dar esta oportunidade de poder ter un rincón na revista "Xeración Alfa"

Velaquí che deixo a nova transcrita:

O TRIUNFO DA ESTÉTICA MÁIS ROMPEDORA

A INDUSTRIA GALEGA DA MODA NUNCA TIVO MEDO A INNOVAR NIN A ARRISCAR NAS SÚAS COLECCIÓNS. MALIA TER UNHA IDENTIDADE MOI CARACTERÍSTICA, NA QUE PREDOMINA O EMPREGO DE TECIDOS COMO O LIÑO, HOXE AS DESEÑADORAS ÁBRENSE A UN ESTILO MÁIS DESENFADADO, COMO A MODA URBANA.

Texto Rafa Ruiz-Matas

Na década de 1990 produciuse un terremoto na industria téxtil da Galiza. A importación da cultura urbana de lugares como os Estados Unidos revolucionou o panorama fashion das cidades e abriu a porta a unha estética rompedora que se afastaba moito do clásico. A sociedade asistiu ao nacemento da denominada moda urbana, un estilo atrevido que introduciu novas prendas como as sudadeiras con capucha, gorras, camisetas gráficas ou zapatillas deportivas.

As novas tendencias inundaron o mercado a través de grandes marcas como Carhartt, Levis, Vans, Nike ou Adidas. Non obstante, os deseñadores locais non perderon o tempo e tomaron nota dos novos éxitos.

A moda urbana experimentou unha grande expansión nas cidades galegas como Vigo, A Coruña ou Compostela. Hoxe é xa unha tendencia transversal que está presente no vestiario de creadoras de contido, deseñadoras e artistas.

Ese estilo informal que reinan as grandes superficies de moda tamén conquistou os pequenos comercios nos últimos anos. Grazas a plataformas como as redes sociais, decenas de deseñadores decidiron dar o paso e emprender ou crear o seu propio negocio. Así comezou a historia de Ceibe en 2024, unha tenda venda en liña que oferta diferentes prendas de roupa e accesorios como camisetas de diferentes tipos de sudadeiras, creados a imaxe da marca.


Jonathan Pena e Andy García reivindican o seu propio método de traballo como unha aposta na sustentabilidade e na materia prima da súa terra, Santa Comba (O Xallas). “Non temos unha produción masiva, todo o que facemos é practicamente baixo pedido. Traballar con provedores da zona tamén é importante para nós porque nos permite ter unha relación estreita con eles, e iso é positivo para todos”.

Traballar cunha produción controlada é unha vantaxe á hora de experimentar coa roupa. Así o explican os propietarios de Ceibe: “Podemos facer varias probas e, se o resultado non é o que queremos, tirámolo ao lixo sen perder apenas tempo nin cartos”, aclaran.

Estes dous rapaces de 28 anos aprenderon ao pouco tempo de abrir o seu negocio a importancia de optimizar os seus recursos e de emprender. “É moi máis complicado do que parece. Cando tes a idea na cabeza sempre parece marabilloso, mais cando te pos manos á obra ves que non é tan doado”, matizan.