
CAMISOLA CAOS BRANCA
€21.90
Xa sexa cando vas pola rúa escoitando música, cando quedas a tomar algo cos colegas ou cando queres marcar un estilo propio sen complicarte; cun pantalón vaqueiro, cun chándal ou mesmo cun blazer que che te da un toque diferente… A camisola CAOS encaixa en calquera plan.
O deseño fala por si só: unha explosión de letras que fan un caos ben ordenado, coma a vida mesma, pero sempre con Ceibe no centro. Porque no medio do rebumbio sempre hai algo que destaca, e esa vas ser ti cando a leves.
E se aínda precisas un motivo máis: feita en 100% algodón e super fácil de planchar. Destas que duran e que podes lavar sen medo, co estampado preparado para aguantar todas as voltas que lle queiras dar.
Agora só che queda escoller a túa cor favorita e decidir en que ocasión vas estreala.
Xa cho digo eu: calquera é boa.
