SUADOIRO CAOS VERDE BOTELLA

€27.50

Xa sexa cando vas pola rúa escoitando música, cando quedas a tomar algo cos colegas ou cando queres marcar un estilo propio sen complicarte; cun pantalón vaqueiro, cun chándal ou mesmo cun blazer que che te da un toque diferente… O suadoiro CAOS encaixa en calquera plan.

O deseño fala por si só: unha explosión de letras que fan un caos ben ordenado, coma a vida mesma, pero sempre con Ceibe no centro. Porque no medio do rebumbio sempre hai algo que destaca, e esa vas ser ti cando a leves.

E se aínda precisas un motivo máis: feita en 50% algodón / 50% poliéster e super fácil de planchar. Destas que duran e que podes lavar sen medo, co estampado preparado para aguantar todas as voltas que lle queiras dar.

Agora só che queda escoller a túa cor favorita e decidir en que ocasión vas estreala.

Xa cho digo eu: calquera é boa.