
SUADOIRO "QUE CHE DEN POLO CÚ!"
€34.50
Volve unha das máis pedidas: o suadoiro “Que che den polo cú!”, coa nosa xa coñecida galiña con cara de poucos amigos.
Un deseño moi nós, directo e sen filtros, que naceu para quen non ten medo de dicir as cousas tal e como son.
Despois de moitas mensaxes pedindo o seu regreso, volvemos traela de volta. Un clásico de Ceibe que combina humor, carácter e identidade galega. Perfecta para o día a día, para o inverno e, sobre todo, para quen vai pola vida co seu propio estilo.
Material: 50% algodón / 50% poliéster
Felpa perchada, 280 g/m²
Impresión dixital textil de alta calidade.
Corte unisex, cómodo e duradeiro
Non todas as prendas falan por ti... pero esta si. 🐔
