Suadoiro Santa Comba C.F.

€35.00

Non é só unha sudadeira.

É volver ao campo.

Este suadoiro nace para render homenaxe a todos eses domingos nos que Santa Comba se xuntaba arredor do fútbol. Ao frío, ao balón duro, ás botas cheas de barro e ao soño compartido de vestir a camiseta do primeiro equipo do Santa Comba CF.

Un deseño fiel ao espírito orixinal, en azul clásico, pensado para quen xogou, para quen animou desde a banda e para quen medrou co club como parte da súa vida, pero cun pequeno toque Ceibe.

Porque hai cousas que non se esquecen.

E hai prendas que se levan con orgullo.

Detalles:

  • Cor: Azul clásico

  • Impresión Dixital Textil de alta calidade

  • Corte cómodo, pensada para o día a día

  • Edición limitada

  • 50% Algodón / 50% Poliéster